No hay stock suficiente
No hay suficiente stock, añadido a reorder
¡Producto añadido a la cesta!
Artista

Título

KALLAIKOI - A Galician V.A. - Archaic Print 04

 

2x12"

Referencia
AP004
Estilos:
Electro - IDM/Electronica - Techno
(El precio ya incluye el 21% de IVA)
Info

Fecha de lanzamiento: 30/11/2023



Kallaikoi é o termo que se usaba para designar a todos os clanes celtas asentados na

antiga Gallaecia (noroeste da Península Ibérica). Eran hábiles na metalurxia e na

produción de ferramentas e armas, e adoraban a unha variedade de deidades, algunhas

das cales estaban relacionadas coa natureza e a guerra. Aínda que desapareceron como

grupo étnico na antigüidade debido á romanización e ás influencias posteriores, o seu

legado cultural e a influencia celta en Galicia persisten ata hoxe. De algunha maneira,

ese legado atávico perdura entre as fendas do dobre álbum que tes entre as túas mans.

O dobre álbum comeza co Techno de bombos sincopados e matices industriais de The

Transhumans con 'Ánima'. Ian Axide propón un Techno robusto e percusivo en 'Antro',

e Obseth deixa voar os arpexos en 'Pink Pills'. Estes dous temas deben moito ao Techno

que retrotrae aos anos dourados do son monolítico de finais dos anos 90.

A cara B comeza coa heroína local e co-alma mater de Archaic, Proyecto Inopia, que

aposta polos ritmos rotundos e as secuencias de sintetizadores afiadas como dentes de

tiburón, que parecen render homenaxe tamén a décadas anteriores en 'Hécate'. Mist

Gasp segue tamén por unha liña de monotrax metálico en 'Standarte'. E pecha o

primeiro 12” Brais con '75', onde dá renda solta a un Techno vs New e Synth Wave cunha

mirada cara aos anos 80.

O segundo EP baixa a intensidade e o tempo, e ábrese co Electro apracible e nostálxico

de Synth Alien en 'Pakhum'. O local Lefrenk sobe a intensidade e o tempo en arpexos

nunha onda Electro-Techno propulsiva en 'Fenix'. E o tamén coruñés Roi contén os beats

nunha base electro que despois avanza cara unhas secuencias obsesivas e lacerantes en

'Melusa'.

A última cara do dobre álbum ábrea David Karro con 'Ionosfera', un tema de

sintetizadores inquietantes que non precisa beats para conformar o seu carácter

hipnótico e nebuloso. 27 003 fúndese cos sons das caixas de ritmos clásicas do Electro

en 'Sweet', tamén con claras invocacións IDM e soñadoras. Corrosivo continúa esa liña,

con ecos marcados de Sheffield en 'Fast Food'. E o EP péchao Death Whistle cun dos

seus habituais opus nos que conviven a escuridade, a beleza e o épico.



 



Formato: 2x12”

Data de Lanzamento: 30 de novembro 2023.

Ilustración: Beatriz Albaladejo.

Deseño: Techlicks.

Masterización: Carlos Koschitzky.

Distribución: Melting Pot Records.

Tirada: 200 copias.

Otros clientes compraron:


Techno

Anaoh Invites 02

12''
Ref: ANA006LTD
Disponible:
Precio 13.50 €

Hardtek/Tekno

Network Concepts part 1 - Biotope 01

12''
Ref: BIOTOPE01
Disponible: Última copia
Precio 14.90 €

Techno

Precio 10.00 €

Techno

Easylife 10

12''
Ref: EASY10
Disponible:
Precio 10.00 €

Techno

Discodemuerto 09

12''
Ref: ddm09
Disponible:
Precio 13.50 €
Utilizamos cookies propias con la finalidad de mejorar los servicios de navegación. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. Acepto | Más información